sábado, 30 de novembro de 2024

Quen nos salvará da morte da liberdade?

 


Ulaidh, CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons

Non sei como comezar este conto ...
Penso que cunha declaración de intencións.
Quero dicir a verdade.
Quero ser leal á verdade.
Quero ser optimista.
Quero denunciar a agresión sistemática a nosa liberdade.
Veño de escoitar, e non é a primeira vez, a unha compañeira, amiga en antiga alumna, queixarse da inacción das forzas da orde pública de inacción cando se lles pon no coñecemento do problema dun/das veciñ@s.
O problema concreto é o de menos.
Pode ser un dos moitos relacionados con seguridade cidadá. Enumero:
- alteración da tranquilidade da veciñanza en xeral:
- violencia con outr@s veciñ@s
- ouriñar na vía pública, nos portais
- exceso de ruídos, que se repiten no tempo, que prexudican a centos de persoas
- Intimidación a veciñanza pacífica a cargo de grupos de xente que quere facer o que lles peta por medio da forza
- roubos, estafas, etc...
- mulleres que non poden andar soas pola rúa sen temor a que ás agresións só por ser mullere
    Moitos niveis de atentados, moitas intervencións distintas. Todas a cargo do servizos públicos de seguridade cidadá. 
    Ningún veciño merece a resposta de "non moleste con cousas miúdas". "Nos estamos para outras cousas"
    Vou a poñer un símil, por si non se me entendera, por si, como di Silvio Rodríguez : " estoy temiendo ahora ser malinterpretado, muchas veces sucede que se piensa algo malo".
Imaxinemos que eu fora profesorado, para o caso dun servicio público , e que como penso que fun contratado para impartir clases, por exemplo de literatura, fago ouvidos xordos e miro para outro lado fronte a actitudes como:
- violencia nas aulas entre o alumnado
- ouriñar nos andares ou dentro das aulas
- excesos de ruídos, que se repiten no tempo, que prexudican o alumnado que pretende traballar e aprender en paz
- roubos, estafas
- intimidacións ás persoas ou grupos de persoas
- alumnas que non poden andar soas polos andares sen temor a agresións só por ser mulleres.
    Non podería dicir os meu alumnado e os seu pais que estou incumprindo parte do meu traballo por non exercer a mínima autoridade necesaria para garantir a convivencia pacífica? Non poderían exixir intervención o meu director/a ou o inspector correspondente, o conselleiro correspondente.
Creo que se entenderá o símil.
Concluíndo.
    A liberdade non pode estar confrontada coa orde e  non é facer o que me pete. E parte da orde. Certas actitudes teñen que ser loxicamente corrixidas.
    Os superiores dos servicios de orde público, as forzas de seguridade do estado, son os nosos alcaldes electos, os concelleir@s electos, os conselleir@s electos e os presidentes no extremo da pirámide. En el@s confiamos para que exerzan a forza mínima necesaria para garantir a convivencia.
Se as forzas de seguridade nos ignoran, e os seu superiores tamén, nos corresponde a nós organizarnos como grupos de cidadáns e exercer a forza mínima necesaria para facernos ouvir. Se sucede isto todos eles  andan a incumprir as súas obrigas e son tod@s responsables.
    O pobo non fallou na súa elección democrática. Son os representantes os que fallan. Xa que ninguén nesta sociedade quere actitudes como as mencionadas o seu carón, por que non son actitudes aceptables nun marco de convivencia pacífica, polo tanto non aceptables dentro dunha democracia.
    Os nos@s representantes pensan que o pobo ten que respectalos e servilos por ter sido cargos electos. Pero lonxe de iso, son eles os que teñen que servir ó pobo, e na medida  de que os seus actos sexan loables e útiles poden ser respectad@s.  E por suposto as forzas de orde público deben lealtade ó pobo, que é o que elixe os representantes que os dirixen.
    E cando non cumpren  as súas obrigas para cos seus concidadáns provocan danos irreversibles, que de continuar no tempo con representantes de diferentes cores e ideoloxías, levan os cidadáns a desconfiar nas democracias e crer en salvadores do pobo (ditadores)  que impoñan con calquera forza necesaria, non a mínima forza da que falaba antes, a seu xeito de ver o mundo (morte da liberdade). 
Ditadores que poden chegar a exercer o poder a través dunhas eleccións democráticas que, por un malentendido respecto a calquera idea, permitan participar a persoas ou grupos de persoas que son xustamente contrarias a democracia.
Representantes do pobo, tomade conciencia do mal que estades a facer na sociedade.
Neste punto estamos, o meu parecer.
Bo día a tod@s, amig@s e inimig@s



 


1 comentario:

  1. Totalmente de acuerdo. Y si no nos ponemos las pilas contra esta Lacra neofascista nuestras libertades serán cortadas de un plumazo. Saludos

    ResponderEliminar